UGT-Lemos recolleu «unha firma por minuto» a favor de axudas para familias sen recursos

• O sindicato UGT-Lemos sumouse á campaña de recollida de sinaturas que este sindicato desenvolveu a nivel nacional para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en favor de axudas para familias sen recursos. Entre os días 15 e 16 de febreiro, a formación sindical monfortina recolleu máis de 2.000 firmas, entre as accións a pé de rúa, nos centros de traballo e na sede sindical. O secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, cualificou de «moi positiva» a receptividade dos monfortinos, xa que durante as oito horas que permaneceu instalada a mesa de sinaturas na rúa Cardeal firmaron máis de 450 persoas, o que supuxo unha media de «unha firma por minuto».

A finalidade desta Iniciativa Lexislativa Popular é a creación dunha nova prestación que amplíe a acción protectora da Seguridade Social, para garantir uns ingresos que permitan atender as necesidades das persoas desempregadas e dos seus familiares.

Según explicou Docasar, esta axuda de 426 euros beneficiaría a 1.662 parados das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga que non teñen ningún tipo de ingreso e se atopan en risco de exclusión social.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Eixo Atlántico impulsará Monforte como vía de saída para mercadorías dende a costa

Seguinte Nova

Monforte sumouse ás reivindicacións en defensa do tren lucense

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss