Xunta e Concello de Monforte acordan unha solución para o saneamento do Porto Seco

•O Concello tramitará o proxecto de depuradora independente elaborado pola Xunta

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acudiu á reunión en Monforte co alcalde, José Tomé, acompañada da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral do IGVS, Heriberto García, o 23 de febreiro.  GPCM.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acudiu á reunión en Monforte co alcalde, José Tomé, acompañada da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o director xeral do IGVS, Heriberto García, o 23 de febreiro. GPCM.

• A Xunta de Galicia e o Concello de Monforte acordaron unha solución conxunta para resolver o problema de saneamento do Porto Seco, e que se materializará na instalación dunha depuradora independente da rede xeral, deteriorada e insuficiente para dar servizo ás necesidades da plataforma loxística.

O acordo acadouse na reunión celebrada no Consistorio monfortino entre o alcalde de Monforte, José Tomé, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. A titular autonómica presentou a Tomé un proxecto de depuradora independente da rede xeral, que foi redactado polo Goberno autonómico e que deberá ser tramitado polo Concello. Este proxecto supón un investimento de 290.000 euros, cun prazo de execución de 3 meses. Según precisou Vázquez, estes prazos permitirían resolver este servizo con tempo suficiente para garantir que se poda desenvolver no Porto Seco de Monforte o proxecto da empresa Abiga. José Tomé destacou asimesmo a importancia de «desbloquear isto para que Abiga se instale canto antes en Monforte». Esta empresa ten adxudicados no Porto Seco 40.000 metros cadrados de solo, cun investimento previsto de 20 millóns de euros para a xeración de 35 postos de traballo directos e preto de 105 indirectos.

Tomé destacou que «ambas administracións temos a vontade de colaborar, técnica e financeiramente». Pola súa banda, a conselleira asegurou que, máis alá deste investimento, a Xunta «fará todo o que estea na súa man para que Monforte non perda oportunidades de xerar riqueza e emprego».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A presentadora Silvia Jato será a pregoeira da XXXVI Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

As novas tecnoloxías, clave para o comercio de proximidade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: