Unha segunda oportunidade para o Entroido

Cheo total nas rúas de Monforte para celebrar un Entroido aprazado pola chuvia

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Monforte celebrou o Entroido o domingo 21 de febreiro, logo de aprazarse máis dunha semana polo mal tempo. Na soleada tarde, comparsas e disfraces brillaron con luz propia e foron aplaudidos polo numeroso público que encheu as rúas de Monforte.

PREMIOS ÁS MELLORES COMPARSAS DE MONFORTE

Nas comparsa de máis de 90 compoñentes, a gañadora foi «Tanto monta, monta tanto», do Colexio Ferroviario, e os seguintes foron para «Ao encontro dos romanos», do Colexio PP Escolapios, «Con plumas y a lo loco», de Torre de Lemos, e «Os Minions do Novo», da Ampa Colexio Novo. Na categoría de 51 a 90 membros, o primeiro premio correspondeu a «Con chuches y a lo loco», do Clube Quicela Ximnasia Rítmica, e o resto dos galardons foron para «A Gándara chega á Lúa», da Ampa do CEIP A Gándara, e «Los cosacos de Prodeme». Dentro do grupo de 25 a 50 compoñentes, gañou o primeiro premio «Super Bowl», de Calvo Sotelo, o segundo para «I love 80’s Carude», de Carude 73, e o terceiro para «Presumamos de galegos», de Distriz. Das comparas de 4 a 24 membros a triunfadora foi «La flor de mi jardín», seguida de «A granxa do Bareta».

PREMIOS INDIVIDUAIS E TEMÁTICOS

Na modalidade individual adulto, «Mary Poppins» gañou o primeiro premio, seguida de «Apicultura na Ribeira Sacra», e «Calimero e Caponata», ademais dos accesit para «Caperucita Roja» e «Marilyn Monroe». Na infantil «Pequedino» foi o único premiado da xornada. Tamén na modalidade de comparsa infantil houbo un único premio, que correspondeu a «Los emoticonos fantásticos», da Corredoira.

O premio para a mellor música en vivo foi para «Presumamos de galegos», da comparsa de Distriz. Pola súa banda, «Los cosacos de Prodeme» gañaron o primeiro premio á mellor carroza, seguida de «A Gándara chega á Lúa», «Os Minions do Novo», e os dous accesit para «Tanto monta, monta tanto», e «I love 80`s Carude». Na categoría de mellor posta en escea, os premiados foron «Con chuches y a lo loco», do Clube Quicela Ximnasia Rítmica, e o galardón ao mellor humor recaeu en «Super Bowl», de Calvo Sotelo. A mellor crítica da actualidade foi a realizada por «A granxa do Bareta».

SARRIA, A GRAN VENCEDORA NAS COMPARSAS DE FÓRA

Houbo tamén premios para as comparsas de fóra de Monforte. Os tres primeiros premios corresponderon a comparsas de Sarria, quedando no primeiro posto «Los vengadores de Sarria», no segundo «Moulin Rouge», de Os Revoltosos de Sarria, e no terceiro «Caperucita Roja». O cuarto premio correspondeu a «Os Sobersitos», do Concello de Sober, e o quinto foi para «Cereixa Chef», da parroquia de Cereixa. (Fotos: EC) •

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Escolares de Quiroga e Ribas de Sil homenaxearon a Manuel María pola reedición do seu libro «Sonetos ao Val de Quiroga»

Seguinte Nova

Animación, música e mercado de oportunidades en torno á 34ª Feira do Viño de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: