Animación, música e mercado de oportunidades en torno á 34ª Feira do Viño de Chantada

A Feira do Viño de Chantada abre as festividades enolóxicas do sur de Lugo. (Arquivo EC).
A Feira do Viño de Chantada abre as festividades enolóxicas do sur de Lugo. (Arquivo EC).

• Dende o venres 11 de marzo ata o domingo 13 Chantada celebra a trixésimo cuarta edición da súa Feira do Viño. Este evento atrae numeroso público á capital da comarca chantadina, e abre ao grande o calendario de eventos enolóxicos do sur de Lugo.

MÚSICA DENDE A APERTURA DOS STANDS O VENRES

Na tarde do venres terá lugar a apertura dos stands da feira ás oito, e ás once da noite actuará a orquestra Charleston Big Band.

O sábado a partir das once da mañá, os gaiteiros da Escola Tradicional de Música de Chantada animarán a xornada con pasarrúas, xunto a o Grupo de Zanfonas da Tradescola de Lugo. Xa á unha do mediodía, terá lugar o tradicional concerto da Banda de Música de Chantada. Pola tarde, e a partir das cinco, volve a música á rúa coas Charangas Garrafon.com e Doctor Anchoa, ademais do Grupo de Zanfonas da Tradescola lucense. A noite será o tempo das verbenas, a cargo das orquestras Yucatán e Israel.

O domingo 13 de marzo iniciarase ás 10 da mañá cos pasarrúas dos gaiteiros Os Barrios, e ás once tomarán o relevo Searas e a charanga NBA. A esa hora levarase a cabo a cata oficial da 34ª Feira do Viño de Chantada. Ao remate, actuará a Banda de Gaitas do Concello de Chantada, que dará paso á lectura do pregón á unha do mediodía, este ano a cargo do lucense Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da USC. Xa pola tarde, a música amenizará o espazo da feira coa actuación, dende as catro, das charangas NBA e Ribeira Sacra, para rematar coa actuación, a partir das sete, da orquestra Trébol.

En paralelo á Feira do Viño de Chantada, a Asociación de Empresarios contribúe á dinamización coa Feira de Oportunidades, Produtos e Artesanía. (Arquivo EC).
En paralelo á Feira do Viño de Chantada, a Asociación de Empresarios contribúe á dinamización coa Feira de Oportunidades, Produtos e Artesanía. (Arquivo EC).

37 ESTABLECEMENTOS NA FEIRA DE OPORTUNIDADES E MOSTRA DE PRODUTOS E ARTESANÍA

Nas mesmas datas, terá lugar na carpa instalada na rúa Xoán XXIII a VIII Feira das Oportunidades e a VII Mostra de Produtos e Artesanía, organizadas pola Asociación de Empresarios de Chantada. Un total de 37 expositores participarán nesta iniciativa, que integra un amplo abano de produtos a precios excepcionais, centrados na roupa e calzado para home, muller e nenos. Os establecementos que van participar son Calzados Doval, Calzados Marisa Doval, Xanela, Tango, Merceditas, Pícaros, Moda Alber´s, Teresa Feás Centro Óptico, Zapatería Claqué, Calzados Gómez Ríos, Gallery, Calzados Pisadas, Jimmy, A tu Vera, Lady Sacra, Atrezzo´s, e Calzados Ana.

En canto a produtos típicos e artesanía, a mostra que se vai celebrar en Chantada conta coa participación de Electrodomésticos Lage, Carnicería Amarante, Orujos y Licores Augavella, Lácteos Xabelo, Casa Xorxa, Granxa Maruxa, Caurelor, Mel do Castro, Cerámica de Gundivós, Electromésticos Perlada, Demimbre, Artesanía Moura, Instrumentos os Alegres, Armaior, Como Cabras, A´bokados, MundoMagik, Lar dos Bonecos, Green Flowers, e Asociación Casa do Barqueiro.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha segunda oportunidade para o Entroido

Seguinte Nova

Reflexión sobre Siria e a crise de refuxiados na Sociedade La Unión de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: