• O sábado 12 de marzo a partir das 19,30 horas, a Sociedade La Unión de Sarria acollerá unha mesa redonda sobre a guerra de Siria e a crise dos refuxiados.
POLITÓLOGA SIRIA E XORNALISTAS
O acto contará coa participación da politóloga siria afincada en Galicia Nour Al- Hussen, o xornalista Cristian López Iglesias, e o fotógrafo Felipe Carnotto, ambos testemuñas directas da chegada de refuxiados sirios á illa grega de Lesbos e ao corredor dos Balcáns. A mesa redonda estará moderada polo guionista e escritor Manuel Darriba.
Nour Al-Hussen é politóloga e ensaísta siria que vive en Santiago dende a adolescencia. Ademais de dar numerosas conferencias e colaborar na radio da USC, Al-Hussen leva o blog «A la otra orilla del Éufrates» sobre a actualidade do conflicto sirio, e onde escribe sobre as súas lembranzas de Siria antes da invasión do Estado Islámico.
CINE SOBRE SIRIA
Como complemento a esta mesa redonda, o cine-club Leslie Nielsen-La Unión proxectará o filme «Eau argentée» («Auga prateada»), que ten como tema a guerra de Siria. A proxección será o domingo 13 de marzo ás 20,00 horas.•