Reflexión sobre Siria e a crise de refuxiados na Sociedade La Unión de Sarria

• O sábado 12 de marzo a partir das 19,30 horas, a Sociedade La Unión de Sarria acollerá unha mesa redonda sobre a guerra de Siria e a crise dos refuxiados.

POLITÓLOGA SIRIA E XORNALISTAS

O acto contará coa participación da politóloga siria afincada en Galicia Nour Al- Hussen, o xornalista Cristian López Iglesias, e o fotógrafo Felipe Carnotto, ambos testemuñas directas da chegada de refuxiados sirios á illa grega de Lesbos e ao corredor dos Balcáns. A mesa redonda estará moderada polo guionista e escritor Manuel Darriba.

Nour Al-Hussen é politóloga e ensaísta siria que vive en Santiago dende a adolescencia. Ademais de dar numerosas conferencias e colaborar na radio da USC, Al-Hussen leva o blog «A la otra orilla del Éufrates» sobre a actualidade do conflicto sirio, e onde escribe sobre as súas lembranzas de Siria antes da invasión do Estado Islámico.

CINE SOBRE SIRIA

Como complemento a esta mesa redonda, o cine-club Leslie Nielsen-La Unión proxectará o filme «Eau argentée» («Auga prateada»), que ten como tema a guerra de Siria. A proxección será o domingo 13 de marzo ás 20,00 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Animación, música e mercado de oportunidades en torno á 34ª Feira do Viño de Chantada

Seguinte Nova

A Sociedade Filarmónica trae a Monforte a Orquestra de Cámara Galega

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: