1,5 millóns en axudas para accesos e sinalización turística no medio rural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou as axudas para mellora de accesos e sinalización turísticas no medio rural, o pasado 26 de febreiro. GPTG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou as axudas para mellora de accesos e sinalización turísticas no medio rural, o pasado 26 de febreiro. GPTG.

• Este mes presentouse o plan de axudas que a Xunta, a través de Turismo de Galicia, vén de lanzar para mellorar os accesos e a sinalización turísticas no medio rural. Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estas subvencións destinadas aos concellos suporán un investimento global de 1,5 millóns de euros. Estas achegas inclúen melloras da accesibilidade física e a sinalización de recursos turísticos do medio rural coma os espazos naturais, miradoiros e rotas de sendeirismo, praias marítimas e fluviais e Bens de Interese Cultural. Como concretou Nava

SINALIZACIÓN TRADICIONAL E TAMÉN CON NOVAS TECNOLOXÍAS

Castro, os concellos poden acollerse a estas subvencións para unha amplia lista de obras: construción, ampliación ou mellora de aparcamentos para acceso aos recursos turísticos; construción de pasarelas, ramplas e eliminación de barreiras arquitectónicas, ou de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional; colocación de nova sinalización en estradas, instalación de paneis interpretativos, tanto tradicionais, como con novas tecnoloxías; implantación de ferramentas tecnolóxicas como aplicacións para teléfonos intelixentes, códigos QR, tecnoloxía NFC ou audioguías; ou colocación de postes e outros elementos consonte os criterios de homologación de sendeiros e os específicos dos centros BTT de Galicia.

Nava Castro lembrou que o ano pasado foron 103 os municipios que se beneficiaron destas axudas.

ESPERTAMONFORTE PIDE QUE MONFORTE OPTE ÁS AXUDAS

Unha vez publicadas as axudas no Diario Oficial de Galicia, o grupo municipal de Espertamonforte instou ao Goberno local a solicitar estas achegas. Esta formación política presentara no último Pleno unha moción para que o Concello publicara na web municipal un listado dos recursos naturais e patrimoniais do eido rural. Según Espertamonforte, o Goberno local argumentou a dificultade de contar con recursos económicos para este tipo de actuacións. A formación cidadá insta ao
Concello a solicitar as axudas, que nalgúns casos supoñen o 100% do financiamento.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A mediados de marzo rematan varios prazos de permisos e axudas da Xunta

Seguinte Nova

Emprendemento e cultura danse a man no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss