A mediados de marzo rematan varios prazos de permisos e axudas da Xunta

• Dende a Consellería do Medio Rural lembraron que este mes rematan os prazos para a xestión de permisos e axudas vinculados coa actividade económica no sector primario. En canto ao sector vitivinícola, o 15 de marzo acaba o periodo de solicitude de autorizacións para novas plantacións, replantacións e conversión de dereitos de plantación de viñedos en autorizacións. A Consellería desenvolveu o mes pasado en Monforte unha sesión informativa para dar a coñecer os detalles desta nova regulamentación das Denominacións de Orixe.

AXUDAS PARA NOVAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

En relación ás explotacións agrícolas, ata o 18 de marzo pódese optar ás axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Técnicos de Medio Rural desprazáronse recentemente ás instalacións da cooperativa ICOS de Chantada para informar sobre as características destas axudas, ás que a Xunta destina un importe global de 57,5 millóns de euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Espertamonforte considera “unha boa nova” a Lei que regulará a protección e benestar de animais de compañía

Seguinte Nova

1,5 millóns en axudas para accesos e sinalización turística no medio rural

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss