Lugo, unha provincia de cine para a rodaxe do filme «Galaicus»

•A Área de Cultura da Deputación apoia que Lugo sexa o escenario para este filme a través dun convenio coa produtora audiovisual galega ZircoZine •»Galaicus» é a primeira superproducción galega, e está ambientada no ano da chegada dos romanos á Gallaecia celta

O delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, na reunión co representante da produtora audiovisual galega ZircoZine, o pasado 7 de marzo. GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, na reunión co representante da produtora audiovisual galega ZircoZine, o pasado 7 de marzo. GPVDL.

• A provincia de Lugo será un dos escenarios da rodaxe da película «Galaicus», unha iniciativa producida por Luís Tosar e Farruco Castromán, a través da productora audiovisual galega ZircoZine en coprodución coa firma Apaches. Este proxecto, que pasa por ser a primeira superprodución cinematográfica galega, conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dun convenio plurianual de 51.000 euros.

Según explicou o delegado de Cultura no organismo provincial, Xosé Ferreiro, este filme «está chamado a facer historia no noso audiovisual, polo orzamento necesario para recrear a época e as loitas entre romanos e celtas, e por supoñer a primeira inmersión cinematográfica nas nosas orixes como galegos».

A película «Galaicus» está ambientada no ano 137 antes de Cristo, coa chegada das hostes romanas dirixidas polo procónsul Décimo Xunio Bruto Galaico, interpretado polo actor Luís Tosar.

A rodaxe en terras lucenses desenvolverase durante o ano 2017.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte celebra a VIII Carreira Popular o domingo 3 de abril

Seguinte Nova

Presentan en Compostela o documental sobre a experiencia xacobea do ex xogador da NBA Terry Porter

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: