Monforte adianta o Día da Árbore ao 17 de marzo

• As celebracións correspondentes ao Día da Árbores adiantaranse en Monforte ao xoves 17 de marzo.

PARA NON COINCIDIR COAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

A decisión foi tomada polo Concello, posto que a data oficial, 21 de marzo, coincide este ano coas vacacións escolares de Semana Santa. Tendo en conta que o protagonismo dos actos conmemorativos corre a cargo do alumnado dos centros educativos, dende o Consistorio consideraron cambiar a data, e así se comunicou aos responsables de colexios e institutos nunha xuntanza celebrada no Concello o pasado día 7.

ESTE ANO PLANTARANSE OS ÁRBORES NO PARQUE DE RIOSECO

O alcalde de Monforte, José Tomé, explicou que o Día da Árbore incluirá unha plantación de 18 exemplares, dúas por cada colexio participante, no parque de Rioseco. «Decidimos que se faga neste punto da cidade porque alí hai unha explanada grande que está sen árbores e polo tanto é unha zona sen sombras», precisou Tomé.

MÁIS DE 200 ESCOLARES CELEBRARÁN O DÍA DA ÁRBORE

Serán os propios escolares os que planten as árbores. Está previsto que participen un total de 225 estudantes, dos últimos cursos de primarias e do primeiro ciclo da ESO. O Concello habilitará un autobús para trasladar a boa parte dos estudantes ata o parque de Rioseco, onde terá lugar a actividade a partir das doce do mediodía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte homenaxeará ao Pai Esteban

Seguinte Nova

O Concello de Monforte arranxará no verán 7 pistas de 8 parroquias

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss