•A inscrición, presencial ou a través de internet, pode realizarse ata o 31 de marzo para as categorías menores e para a proba absoluta
• Ata o 31 de marzo está aberta a inscrición na VIII Carreira Popular de Monforte, que se celebrará o domingo 3 de abril. Os participantes tomarán posicións na Praza da Compañía a partir das 11,00 horas, coa saída da categoría biberón. Cinco minutos máis tarde, comezará a saída escalonada das categorías benxamín, alevín e infantil. A proba absoluta iniciarase tamén dende a Compañía ás 12,00 horas.
A inscrición é gratuíta para todas as categorías. Os participantes na absoluta anotaranse on line na web www.championchipnorte.com, e para as categorías menores será a través dos correos deportes@concellodemonforte.es ou lodeco@lodeco.es. Tamén poden anotarse na Oficina Municipal de Deportes na Compañía.•