Música, arte, deporte e tapeo en Quiroga para celebrar a XXXIV Feira do Viño

A XXXIV Feira do Viño de Quiroga celebrarase os días 26 e 27 de marzo, cun amplo programa ao longo do mes. Arquivo EC.
A XXXIV Feira do Viño de Quiroga celebrarase os días 26 e 27 de marzo, cun amplo programa ao longo do mes. Arquivo EC.

• En Quiroga está todo listo para disfrutar da XXXIV Feira do Viño os días 26 e 27 de marzo, cun amplo programa de actividades que vai máis alá da fin de semana de Pascua.

CONCURSO DE TAPAS

Do 17 ao 25 de marzo poderemos degustar os sabores que propoñen os establecementos participantes no V Concurso Quiroga de Tapas. Ademais da gastronomía, nos fastos da Feira do Viño estará presente a arte, coa exposición «Pinturas da Ribeira Sacra e outros patrimonios», de Arturo Ceide, que se poderá ver a partir do día 22 na Sala de Exposicións da Casa da Cultura.

A cita co deporte ocupará varios días na víspera da Feira. Do 21 ao 24 de marzo disputarase o V Trofeo Fútbol Sala Feira do Viño, e na tarde do 25 de marzo, a partir das 17,00 horas, desenvolverase a XII Carreira Popular de Quiroga.

AXENDA DO SÁBADO 26 E DOMINGO 27

Ao longo do sábado 26 de marzo están organizadas varias actividades. Ás once e media da mañá terá lugar o Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, cun desfile pola rúa Real e posterior actuación na Praza de España. Logo da inauguración do recinto feiral ás doce e media, os visitantes poderán degustar os caldos da subzona de Quiroga nos diversos stands da feira.

Xa pola tarde, ás cinco amenizarán a xornada a Banda de Gaitas San Martiño e o Grupo de Música Tradicional Os Palletas. Ás seis, celebrarase a recepción de autoridades no Museo Etnográfico de Quiroga, e ás seis e media a actividade trasládase ao Auditorio Municipal. Neste espazo, actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de Gaitas San Martiño, e os Grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga. A continuación, terá lugar a entrega de premios do XIII Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, convocado pola Área de Xuventude do Concello. Logo da lectura do pregón ás oito e media, comezará a festa popular amenizada polo grupo Atenas, unha vez que se entreguen os premios do VI Concurso de Camisetas Feira do Viño, no propio palco da música.

A xornada do domingo 27 de marzo iniciarase coa alborada a cargo do grupo de gaitas Os do Recanto, que animarán o ambiente no recinto feiral dende as once. Ás doce e media, está prevista a recepción de autoridades no Museo Etnográfico de Quiroga. A continuación, arredor das dúas menos cuarto, entregaranse os trofeos aos colleiteiros desta edición da Feira do Viño de Quiroga, tamén no Museo Etnográfico. A actuación da charanga Mecánica porá fin aos actos festivos, a partir das seis da tarde.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria pon en valor o pasado cunha nova edición da Feira de Antigüidades e Restauración

Seguinte Nova

Entregados os premios da II edición do concurso de ideas Semente de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: