• A raíz da implantación da LOMCE, os centros educativos de ensino secundario teñen que introducir novas materias de libre configuración. No IES Lama das Quendas de Chantada veñen de apostar polo fornecemento do pensamento computacional entre o alumnado, como ferramenta para valerse na sociedade da información e da comunicación. Deste xeito, a oferta educativa para 1º ESO inclúe a asignatura denominada «Programación», centrada en acadar dito obxectivo a través da programación de videoxogos.
Na actualidade, son 8 os estudantes que cursan esta asignatura, e traballan sobre un videoxogo de obstáculos, que un personaxe virtual debe salvar sen perder vidas. Todo iso, con ambientación sonora e recreación o máis completa posible. Para realizar este traballo, os escolares empregan o programa Scratch, unha pseudolinguaxe de programación por bloques e de uso libre.
Según explicaron os responsables do IES Lama das Quendas, ademais dos coñecementos técnicos que aporta, esta asignatura favorece o traballo en equipo, a solución de problemas, confianza no manexo da complexidade, e perseverancia na búsqueda de solucións a problemas non estructurados.•