Presentan en Compostela o documental sobre a experiencia xacobea do ex xogador da NBA Terry Porter

•O deportista estadounidense arrincou en Sarria a última etapa do Camiño Francés en maio de 2015, con fins benéficos

O documental foi resultado do proxecto solidario "El Camino acaba en Obradoiro", iniciativa do club Río Natura Monbús Obradoiro en colaboración con Turismo de Galicia. (Foto: Ana Varela).
O documental foi resultado do proxecto solidario «El Camino acaba en Obradoiro», iniciativa do club Río Natura Monbús Obradoiro en colaboración con Turismo de Galicia. (Foto: Ana Varela).

•A comezos deste mes, presentouse en Compostela o documental resultado do proxecto solidario «El Camino acaba en Obradoiro» que o ano pasado trouxo a Galicia ao ex xogador da NBA, Terry Porter, para realizar a Ruta Xacobea cun fin solidario. Esta iniciativa, promovida polo Rio Natura Monbus Obradoiro coa colaboración de Turismo de Galicia, relata a experiencia vivida polo deportista estadounidense en maio de 2015, cando completou a pé a última etapa do Camiño dende Sarria ata Compostela.

Ademais, o proxecto tivo un fin solidario, xa que os beneficios foron destinados a unha asociación de Portland, destinada a ofrecer a nenos e nenas un lugar seguro, divertido e limpo ao que ir cando non están na escola.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lugo, unha provincia de cine para a rodaxe do filme «Galaicus»

Seguinte Nova

O Concello de Monforte homenaxeará ao Pai Esteban

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: