Saleta Fernández supera o record galego por partida dobre

• A atleta monfortina Saleta Fernández, que compite no FC Barcelona, obtivo un dobre record galego na edición número 52 do Campionato de España de Atletismo en pista cuberta, celebrado en Madrid na fin de semana do 5 e 6 de marzo.

A monfortina batiu por dúas veces o record galego de salto de altura, ao acadar 1,79 á terceira e 1,83 á primeira. Con estes rexistros, Saleta Fernández superou a súa propia marca en pista cuberta, ao tempo que fixo record dobre por batir a marca de María Romero ao aire de 1,79 no ano 1999.

ÉXITO DA PARTICIPACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A proba foi todo un éxito para os participantes galegos, acadando un total de tres medallas. Así, a gran favorita nos 1.500 metros, Solange Pereira, obtivo a medalla de ouro. En peso, Belén Toimil conseguiu a prata, e en triple salto Palomanes acadou a medalla de bronce.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os veteráns do Neka suman 6 medallas ao palmarés monfortino

Seguinte Nova

CALENDARIO DO RUNNING LUCENSE

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss