Sarria pon en valor o pasado cunha nova edición da Feira de Antigüidades e Restauración

•Na fin de semana do 2 e 3 de abril, a Rúa do Porvir acollerá a V Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XXI Feira de San Lázaro

Curiosos e especialistas disfrutarán por igual na V Feira de Antigüidades da Eurorrexión en Sarria.  Arquivo EC
Curiosos e especialistas disfrutarán por igual na V Feira de Antigüidades da Eurorrexión en Sarria. Arquivo EC

• Un ano máis, Sarria recuperará o seu pasado poñendo en valor a súa tradición anticuaria. Na primeira fin de semana de abril, a vila celebrará a V Feira de Antigüidades e Restauración da Eurorrexión- XXI Feira de San Lázaro, un evento incluído dentro do proxecto Eixo Emprende, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg VAI España-Portugal 2014-2020. Ademais de Sarria, neste proxecto participan O Barco de Valdeorras, a Eurocidade Verín-Chaves, Bragança, a Deputación de Ourense e o Eixo Atlántico.

A Feira desenvolverase o sábado 2 e o domingo 3 de abril, convertindo a rúa do Porvir nun museo ao aire libre. Neste espazo, os visitantes poderán disfrutar das propostas de coleccionismo e antigüidades nos preto de 23 expositores procedentes de diversas localidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Mobles, xoias, libros, e todo tipo de obxectos para coleccionismo e decoración integran o catálogo de productos desta Feira, que se está a consolidar como un dos eventos máis singulares do sur de Lugo.

ESPAZO XOVE: IDEAS PARA O INTERIORISMO MÁIS ACTUAL

A V Feira de Antigüidades e Restauración da Eurorrexión ofrece ademais un amplo programa de actividades culturais e artísticas. Así, o Espazo Xove volta un ano máis, cunha oferta específica para un público que busca a exclusividade. A importancia do interiorismo e da reciclaxe no mundo actual convirte ao Espazo Xove nun punto de encontro indispensable para a decoración máis actual e suxerente.

OBRADOIROS

Asimesmo, a V Feira de Antigüidades conta con diversos obradoiros, para coñecer in situ o traballo dos artesáns. O obradoiro-expositor de talla en madeira da Asociación Sarricanta amosará os traballos do alumnado, ao tempo que se elaboran novas pezas. Este obradoiro estará aberto en horario de mañá e tarde. Pola súa banda, o obradoiro-expositor Cerâmica Normand traerá o saber artesanal da localidade portuguesa de Barcelos, ademais da posibilidade de mercar artesanía e produtos da zona. A pintura tamén estará presente na Feira, coa exposición do artista Rodim, aberta en horario de mañá e tarde na sala Rodim da rúa de San Lázaro. A tradición da luthería medieval pode disfrutarse visitando de catro a oito da tarde o obradoiro de Germán Luthier, situado no seu taller da rúa Marqués de Ugena.

Para amenizar o ambiente, a rúa do Porvir acollerá polas tardes varias actuacións de danza e música tradicional galega, a cargo da Asociación Peleriños o sábado, e da Asociación Meigas e Trasgos o domingo.

ACTIVIDADES NA CASA DA CULTURA

Ademais das actividades ao aire libre, desenvolveranse varios obradoiros e exposicións na Casa da Cultura de Sarria. O sábado pola mañá, emitirase en directo dende o salón de actos o programa de actualidade e entrevistas «Somos quen», da Radio Galega. Asimesmo, dende o xoves 31 de marzo ata o domingo 3 de abril, estará aberta en horario de mañá e tarde a exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo.

O programa da V Feira de Antigüidades e Restauración da Eurorrexión complétase coa mostra dos traballos de bolillos da Asociación de Palilleiras do Camiño de Santiago de Sarria, que realizarán demostracións en directo. Tamén poderá verse a exposición de bordados de Filomena Losada, a de figuras de ferro a cargo de Francisco Vázquez, e a mostra de costura creativa de Aurora Rodil. Ademais, para fomentar a creatividade dos máis novos, o sábado haberá un obradoiro infantil de elementos decorativos.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción no Concello aos escolares do IES Daviña Rey polo seu traballo de rutas a pé por Monforte

Seguinte Nova

Música, arte, deporte e tapeo en Quiroga para celebrar a XXXIV Feira do Viño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: