• A finais do mes de marzo remata o prazo para que os 21 concellos lucenses con Festas de Interese Turístico de Galicia presenten solicitudes ás axudas que a Xunta dá para este tipo de eventos. Según explicou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o Goberno galego destina a esta liña de subvencións un total de 300.000 euros.
O importe máximo que se concederá por evento e concello será de 3.000 euros, que se destinarán para sufragar parcialmente os investimentos en apoio, promoción e difusión das Festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Se os gastos non acadan este importe, a axuda será como máximo o custe destes investimentos.
SEIS FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA NO SUR DE LUGO
Na nosa provincia, un total de 27 eventos teñen acadada a consideración oficial de Festa de Interese Turístico de Galicia. No sur de Lugo, contan con esta distinción outorgada pola Xunta de Galicia media ducia de festexos, que son a Feira do Viño de Amandi, no concello de Sober; o Folión de Carros, no municipio de Chantada; as Fachas de Castelo, no concello de Taboada; o Filandón de Músicas e a Festa da Castaña, en Folgoso do Courel; e a Mostra do Aceite de Quiroga. •