A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo celebrou na Ulloa a súa festa anual

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comarca da Ulloa acolleu a mediados de marzo a festa anual da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL). Durante a cea, que contou coa presenza de autoridades locais e autonómicas, foron entregados diversos galardóns que recoñecen a labor representativa de persoeiros e institucións a prol das excelencias gastronómicas de Lugo, así como pola súa implicación coa marca «E para comer…Lugo».

Así, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de Ouro da APEHL. Tamén foron nomeados Embaixadores Hostaleiros da Provincia de Lugo a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), Armadores de Burela, e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Asimesmo, o Premio a Toda unha Vida nos fogóns recaeu en José Antonio Pardo Portomeñe, propietario do restaurante Pacios de Monterroso. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Brollón retirou a bandeira da Unión Europea en protesta pola decisión sobre os refuxiados sirios

Seguinte Nova

Xosé Randolfe inaugurou a súa mostra artística no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: