A comarca de Sarria participará en xuño no torneo de Bretaña de fútbol infantil

Foto dos futbolistas e adestrador que representarán á Comarca de Sarria no 14º Torneo Internacional de Fútbol infantil de Guerlédan, os días 11 e 12 de xuño na Bretaña francesa. (Foto cedida).
Foto dos futbolistas e adestrador que representarán á Comarca de Sarria no 14º Torneo Internacional de Fútbol infantil de Guerlédan, os días 11 e 12 de xuño na Bretaña francesa. (Foto cedida).

•Por terceiro ano consecutivo, unha selección de futbolistas de categoría infantil viaxarán a Bretaña para representar á comarca de Sarria no Torneo Internacional de Guerlédan.

EQUIPOS QUE PROCEDEN DE CATRO CONTINENTES

A decimocuarta edición desta proba reunirá, do 11 ao 12 de xuño, a un total de 160 equipos masculinos e 32 femininos de fútbol, procedentes de 39 rexións de catro continentes. A representación española no torneo de Guerlédan está formada pola Selección da Comarca de Sarria, e polo Naise Barcelona FC, da localidade de Sant Cugat del Vallés. Estes equipos coincidirán con xoves futbolistas chegados de Rusia, Ucrania, Estados Unidos, Brasil, Polonia, Illa da Reunión e Camerún.

A participación do combinado da comarca de Sarria no Torneo Internacional de Guerlédan forma parte das actividades organizadas pola Irmandade Sarria-Guerlédan. Ademais da presenza nesta competición deportiva, este ano unha expedición da Irmandade viaxará a Bretaña entre os días 20 e 27 de xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A monfortina Saleta Fernández, campiona de España junior en salto de altura

Seguinte Nova

Recepción en Compostela aos alcaldes dos concellos galegos que recibirán a La Vuelta 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: