A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago reivindicou en Sarria e Samos o espíritu de Elías Valiña

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Durante os días 12 e 13 de marzo, tivo lugar en Sarria e Samos o Encontro da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS), no que participaron representantes de administracións locais, asociacións, hospitaleiros e peregrinos chegados de varios países. O Encontro rematou coa aprobación dunha serie de resolucións que afectan a varios aspectos do Camiño de Santiago, e que dende a FICS van trasladar ao Cabildo da Catedral de Santiago para a súa consideración.

Unha das resolucións máis singulares é a referida á ampliación dos criterios de distancia para a obtención do certificado de peregrinación ou Compostela, fixando esta distancia en torno aos 300 quilómetros. Según explicaron dende a FICS, esta distancia era a orixinaria entre as sedes principais das que partían as principais Rutas xacobeas ata a vila de Compostela. Esta proposta contempla certas excepcións, como a peregrinaxe de persoas con discapacidade, ou itinerarios históricos cunha distancia menor a 300 quilómetros.

Outra das resolucións aprobadas no Encontro Internacional de Sarria e Samos propón que a Xunta traslade a xestión integral do Camiño dende as institucións turísticas ás propiamente culturais.

O Encontro tamén resolveu sobre a cultura da hospitalidade, aprobando que nos albergues públicos se priorice aos peregrinos que superen os 300 quilómetros, e que a hospitalidade tradicional, «feito esencial do Camiño», según recollen as actas do Encontro, conte con protección oficial, ao tempo que se unifican os regulamentos dos albergues.

Por último, o Encontro reivindicou a restitución do premio Elías Valiña, así como o mantemento das diferentes credenciais, fronte ao intento unificador por parte do Cabildo compostelán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha a tempada de pesca fluvial con 300.000 permisos e un coto máis

Seguinte Nova

21 concellos lucenses optan a axudas para Festas de Interese Turístico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss