•Ata finais de marzo puido verse na Confitería Caprichos de Sarria esta imponente Torre Eiffel feita de chocolate, en solidariedade co pobo francés logo dos atentados sufridos a finais do mes pasado. A Irmandade Sarria-Guerlédan, que xa está ultimando a súa viaxe bianual a Francia, quixo estar presente na estrea deste dulce e magnífico monumento, acompañados polos representantes da Corporación local de Sarria. (Foto cedida).