En marcha a tempada de pesca fluvial con 300.000 permisos e un coto máis

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, na xornada inaugural da tempada de pesca fluvial no municipio coruñés de Coristanco, o día 20 de marzo. GPXG.
A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, na xornada inaugural da tempada de pesca fluvial no municipio coruñés de Coristanco, o día 20 de marzo. GPXG.

• O día 20 de marzo comezou a tempada de pesca fluvial da troita en Galicia, e que este ano ofrece 300.000 permisos de captura.

Os pescadores poderán desenvolver esta actividade deportiva nos 149 coutos, e 68 tramos libres de pesca sen morte, 12 máis que o ano pasado. Na provincia de Lugo, o novo tramo sitúase no río Requeixo, aínda que hai tramos novos nas outras tres provincias galegas.

Según explicaron dende a dirección xeral de Conservación da Natureza, a cifra de coutos tamén se incrementa nesta tempada, ao sumarse a estes espazos o couto de Carboeiro, no río Deza, situado entre os municipios de Silleda e Vila de Cruces.

En canto aos permisos, dende a Xunta salientaron que para a pesca do salmón e do reo haberá que esperar ata o 1 de maio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xosé Randolfe inaugurou a súa mostra artística no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

A Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago reivindicou en Sarria e Samos o espíritu de Elías Valiña

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: