• O 12 de marzo tivo lugar en Monforte a entrega dos premios da II edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte. O proxecto gañador foi Kalekói, que consistiu nun centro elaborador de iogur artesán e postres lácteos. O segundo e tercer premio foron, respectivamente, para os proxectos presentados baixo as denominacións Pilgrim e Wimbag.
CONSTRUÍR «O MONFORTE DO FUTURO»
Durante o acto de entrega dos galardóns, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, gabou a iniciativa da Asociación Semente de Monforte, polo seu «compromiso colectivo co futuro da súa propia xente». Asimesmo, Conde destacou o certame de Proxectos Empresariais como «exemplo da Galicia e do Monforte das ideas», e aos gañadores por «ser capaces de transformar a realidade dos lucenses e dos galegos, xerando riqueza e emprego facendo das ideas empresas». O conselleiro afirmou que os perfís destes emprendedores «son os que levantarán o Monforte do futuro».
A asociación Semente de Monforte convocou este concurso, dotado cun total de 20.000 euros en premios, en colaboración con 18 empresas, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), e as Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo.•