O Concello de Brollón retirou a bandeira da Unión Europea en protesta pola decisión sobre os refuxiados sirios

•Consideran «inhumana» esta medida tomada pola «Unión Europea da vergoña»

O alcalde de A Pobra do Brollón no momento de retirar a bandeira europea da Casa do Concello. (Foto cedida).
O alcalde de A Pobra do Brollón no momento de retirar a bandeira europea da Casa do Concello. (Foto cedida).

• A mediados de marzo, o Goberno local do Concello de A Pobra do Brollón procedeu á retirada da bandeira da Unión Europea da fachada da Casa Consistorial, para protestar pola decisión europea de expulsar a Turquía aos refuxiados sirios. Nun comunicado enviado aos medios, o alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Luis Maceda, explicou esta decisión «pola política inhumana que está a ter Europa coas persoas refuxiadas». «A Unión Europea da vergoña quitou a carauta, e estamos a ver as consecuencias dunhas políticas contrarias a calquer principio de solidariedade», suliñou Maceda.

O alcalde de Brollón considera que os municipios gobernados polo BNG «non podemos quedarmos impasibles ante semellante atrocidade e atropelo contra estas persoas que fuxen das bombas».

OS GOBERNOS OCCIDENTAIS, «HIPÓCRITAS»

O rexedor local de A Pobra precisou que, con decisións coma esta, Europa está favorecendo «políticas inhumanas que normalizan o tráfico con seres humanos, ao pactar o seu desaloxo co Estado turco, coñecido polas súas práticas antidemocráticas e contrarias aos dereitos».

No comunicado, o rexedor de Brollón tamén acusou aos gobernos occidentais de «hipocresía»ao promover «guerras imperialistas e, ao tempo, laiarse das persoas que fuxen destas mesmas guerras alimentadas pola cobiza de Occidente».•

O Goberno provincial tamén retirou a bandeira da UE pola política dos refuxiados

•Momento da retirada da bandeira da Unión Europea do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, o pasado 16 de marzo. Con esta medida, o Goberno provincial denuncia a "insensibilidade" de Europa diante do drama dos refuxiados procedentes da guerra de Siria. GPDL.
•Momento da retirada da bandeira da Unión Europea do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, o pasado 16 de marzo. Con esta medida, o Goberno provincial denuncia a «insensibilidade» de Europa diante do drama dos refuxiados procedentes da guerra de Siria. GPDL.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada homenaxeou ás mulleres na historia cunha sesión de Teatro Lido

Seguinte Nova

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo celebrou na Ulloa a súa festa anual

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: