
• A portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Monforte, Julia Rodríguez, vén de manter unha reunión cos responsables de Cultura e Patrimonio da Xunta para acadar a súa colaboración sobre a situación da Muralla medieval de Monforte. No encontro, celebrado o 18 de marzo en Compostela, Rodríguez solicitou o apoio da Xunta para a elaboración dun Plan Director que inclúa aspectos como a conservación e a titularidade deste ben patrimonial.
DE QUÉN É A MURALLA
Esta reunión tiña por obxectivo principal clarificar as competencias sobre a Muralla, logo de que o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura confirmara días antes que a Muralla de Monforte non é propiedade da Xunta de Galicia. Según explicaron logo da reunión os responsables autonómicos, a Muralla de Monforte é un Ben de Interese Cultural (BIC), polo que compete á Xunta dar as autorizacións para toda intervención que se faga nela, pero é obriga dos propietarios a súa conservación e mantemento.•