Preto dun cento de visitantes pasaron pola Oficina de Turismo de Pantón durante a Semana Santa

•Estímase que a afluencia de turistas no municipio foi maior, xa que moitas persoas van directamente ao Mosteiro ou a enclaves naturais como a Fervenza de Auga Caída

O románico de Pantón segue a ser un dos principais atractivos para os visitantes da Ribeira Sacra. Arquivo EC.
O románico de Pantón segue a ser un dos principais atractivos para os visitantes da Ribeira Sacra. Arquivo EC.

• A Semana Santa encheu de visitantes os diversos recunchos da Ribeira Sacra, atraídos pola natureza, a gastronomía e a riqueza natural. Na Oficina de Turismo de Pantón, situada no Edificio Sociocultural de Ferreira, contabilizáronse un total de 95 visitantes, que consultaron sobre diversas cuestións relativas á súa estancia vacacional.

Según explicaron os responsables da Oficina de Turismo, esta cifra de turistas non responde á realidade dos que visitaron Pantón durante a Semana Santa, xa que son moitas as persoas que xa acuden directamente a coñecer o Mosteiro das Bernardas de Ferreira, encargan rutas especializadas polo patrimonio da zona, ou se dirixen a entornos naturais de gran interés, como a Fervenza de Auga Caída, sen pasar pola Oficina de Turismo de Ferreira.

MEDRA O INTERÉS POLAS VISITAS GUIADAS AO ROMÁNICO

En canto a itinerarios, según informaron dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, a ruta do Románico de Pantón, que inclúe tamén visitas a O Saviñao e Sober, acadou unha cifra de 40 visitantes, moi superior aos 18 usuarios da Ruta do Románico de Chantada. Dende o Consorcio estiman que esta diferencia debeuse a cancelacións polo mal tempo.

Asimesmo, o Consorcio destacou que os servizos de guía turístico para o románico foron contratados a título particular por varias familias e grupos pequenos, o que manifesta o interés da xente polo patrimonio monumental.

Por outra banda, cabe destacar o 100% de ocupación que acadou o servizo de Viñobús do Consorcio.

A OCUPACIÓN NA RIBEIRA SACRA AUMENTOU UN 22% NOS DÍAS NON FESTIVOS DA SEMANA SANTA

En canto á ocupación hoteleira na Ribeira Sacra, os datos falan dun balance superior ao ano pasado. Según o Consorcio, nos días santos a ocupación subiu nun 6%, mentres que o resto da semana o aumento foi do 22% respecto a 2015. De aí que os hosteleiros consideren que esta Semana Santa foi «boa e moi longa», según as referencias recollidas polo Consorcio entre os profesionais do sector.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga, capital da música tradicional co I Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Seguinte Nova

XII Torneo de Dominó Concello de Chantada no Círculo Recreativo o sábado 9 de abril

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: