•Galicia acollerá as sete primeiras etapas de La Vuelta 2016, un evento do que se espera unha grande repercusión económica nos 73 concellos galegos polos que pasará o pelotón.
O pasado 17 de marzo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén, ofreceron en Compostela unha recepción aos alcaldes destes municipios, para agradecerlles o seu compromiso con esta importante proba deportiva.
IMPACTO PROMOCIONAL E ECONÓMICO NO TERRITORIO DE LA VUELTA
Ademais, Feijóo aproveitou para suliñar o impacto deste evento, que moverá unha audiencia potencial de 1.000 millóns de persoas, e as preto de 90.000 prazas hoteleiras que precisarán as estancias dos equipos deportivos. «O reto é converter aos espectadores en clientes de Galicia», destacou Feijóo, quen precisou que na edición de 2014 rexistráronse dous millóns de retornos directos.•