• O mes de agosto acollerá a celebración da V edición do Estudo Aberto, o programa de residencias artísticas que está a desenvolver a Área de Cultura da Deputación de Lugo, e que este ano desenvolverase no Pazo de Tor, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, e como novidade tamén na Capela de Santa María do CENTRAD.
MÁIS PRAZAS
Según explicou o delegado de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, o programa Estudo Aberto aumenta este ano o número de prazas, pasando de 8 a 14. Isto permitirá aumentar a presenza de artistas que realizarán os seus proxectos durante a súa estancia no programa, en torno a tres eixos: arte contemporánea, arte e natureza, e artesanía.
ARTISTAS EMERXENTES
Ferreiro destacou a importancia do Estudo Aberto na promoción de talentos emerxentes. «Por este proxecto pasaron creadores e creadoras que acadaron importantes premios e bolsas, sendo recoñecidos pola crítica e polo mercado da arte», suliñou Ferreiro, quen destacou o eco que está a ter o Estudo Aberto, con solicitudes chegadas de máis de 10 países.•