Videoconferencia na Aula CeMIT de Monforte sobre seguridade de datos no móbil

• O xoves 7 de abril, en horario de 16,00 a 19,00 horas, a Aula CeMIT de Monforte de Lemos retransmitirá por videoconferencia a actividade de formación «Están seguros os meus datos no móbil?», que se celebra no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela.

Para seguir esta videoconferencia, é preciso darse de alta como usuario rexistrado da Rede CeMIT, e inscribirse on line para a videoconferencia.

Estes dous requisitos poden formalizarse a través da web www.monfortedelemos.es, no enlace http://www.monfortedelemos.es/contenidos.asp?sec=43&id=1100.

PARA USUARIOS DE DISPOSITIVOS MÓBILES NO ÁMBITO EMPRESARIAL

Esta videoconferencia vai destinada aos usuarios de dispositivos móbiles no ámbito empresarial, que queiran coñecer os riscos e as ameazas de seguridade, así como práticas e mecanismos de control que permitan acoutalos e cuantificalos.

A actividade será impartida por Marcos Lois Bermúdez, técnico especialista en electrónica industrial, cofundador e director de TeraTic S.L.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo aproba o Orzamento para este ano de 96,3 millóns de euros

Seguinte Nova

Actividades na Aula CeMIT de Sarria durante o mes de abril

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss