XII Torneo de Dominó Concello de Chantada no Círculo Recreativo o sábado 9 de abril

O Círculo Recreativo Cultural de Chantada acolle o sábado, 9 de abril, o XII Torneo de Dominó Concello de Chantada. Según explicaron dende a organización, o campionato comezará ás dez e media da mañá, e constará de sete rondas xogadas polo coñecido como «sistema suizo» de clasificación. As partidas serán a 350 puntos ou a 55 minutos. Haberá tamén competición entre parellas e entre equipos. Está prevista a participación de preto de 100 xogadores chegados de toda Galicia e mesmo de Asturias.

Na organización do torneo colaboran algunhas das principais firmas comerciais da vila de Chantada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto dun cento de visitantes pasaron pola Oficina de Turismo de Pantón durante a Semana Santa

Seguinte Nova

Conferencia sobre a onomástica chantadina o sábado 9 de abril no Telecentro de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: