A Xunta dixitaliza as aulas de 14 centros educativos do sur de Lugo

• Un total de 14 centros educativos públicos de 10 concellos das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga contan xa con aulas dixitalizadas, logo de completarse a segunda fase de dixitalización dentro do Proyecto Abalar.

EQUIPAMENTO DIXITAL DAS AULAS

Esta actuación, realizada a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), contou un investimento de máis de 116.000 euros, para a dotación e instalación de kits de aulas dixitais, compostos por encerado dixital interactivo, vídeo proxector, ordenador portátil para o posto de profesor, ademais da conectividade da aula.

RECENTES ACTUACIÓNS PARA DIXITALIZAR OS CENTROS PÚBLICOS

Según explicaron dende a Consellería de Educación, nos últimos meses a Xunta completou a instalación dun total de 4.000 kits destas características en 700 centros públicos, beneficiando a 70.000 estudantes, unha actuación na que se investiron preto de 11 millóns de euros.

Con esta medida, a Xunta completou a dixitalización de todas as aulas públicas dos cursos 5º e 6º de Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e Bacharelato. Deste xeito, 120.000 alumnos e 6.000 aulas de preto de 900 centros públicos estudan en aulas dixitais.

EIXOS DO PROXECTO ABALAR PARA LEVAR AS NOVAS TECNOLOXÍAS AO ENSINO PÚBLICO

Esta segunda fase da dixitalización, enmárcase no Proxecto Abalar, que se vén desenvolvendo desde 2010 con actuacións en catro eixos. Por unha banda, levouse a cabo a mellora da conectividade nos centro públicos de Galicia, e por outra, implementouse a dixitalización das aulas coa dotación de kits de aula dixital. Asimesmo, tivo lugar a transformación do libro en papel aos contidos dixitais con e-Dixgal, ao tempo que se desenvolveron ferramentas de comunicación entre os membros da comunidade educativa, como o espazoAbalar e abalarMobil.

Tamén se mellorou a conectividade, xa que nos últimos seis anos multiplicouse por dez a velocidade media de conexión a rede dos centros públicos de Galicia, que pasou de 5,36 a 58,65 Mbps.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CURSO EN SARRIA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS NO TEMPO LIBRE, E PRAZO PARA O EXAME DE COMPETENCIAS TIC

Seguinte Nova

DÍA DO LIBRO EN SAN CLODIO

Últimas noticias sobre CULTURA

Maika Makovski

Unha das actuacións estelares do 17º Ribeira Sacra Festival Onte arrincou unha nova edición do 17º

A %d blogueros les gusta esto: