
•A finais do mes pasado, a Xunta de Galicia licitou os traballos de mellora nun tramo da estrada LU-652 ao seu paso por Bóveda, así como actuacións nos viais LU-546 e LU-641, que afectan aos concellos de A Pobra do Brollón, Samos, O Corgo e Lugo. O importe total da licitación é de 516.813,52 euros.
No caso da LU-652, realizaranse traballos de fresado e reposición do firme naqueles tramos que presentan deformacións. As melloras afectarán ao tramo entre os puntos quilométricos 0 e 10+740, que unen os núcleos de Bóveda e Cereixa, dentro dos termos municipais de Bóveda e A Pobra do Brollón.
Según sinalou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na súa visita a Bóveda para coñecer o estado deste tramo, o obxectivo é garantir a seguridade vial para veciños e usuarios en xeral.
OBRAS EN SAMOS
Na LU-641 realizarase unha rehabilitación e reposición do firme mediante a extensión dunha nova capa de rodadura entre os puntos quilométricos 0 e 2+500, no Concello de Samos. •