Abanca e a Asociación de Empresarios de Chantada-CCA renovan o convenio de impulso a proxectos comerciais

O director de zona de ABANCA no sur de Lugo, Alberto López Sánchez, e o presidente do CCA-Ribeira Sacra, Eduardo Rogina Checa, na sinatura do convenio o pasado 1 de abril. (Foto cedida).
O director de zona de ABANCA no sur de Lugo, Alberto López Sánchez, e o presidente do CCA-Ribeira Sacra, Eduardo Rogina Checa, na sinatura do convenio o pasado 1 de abril. (Foto cedida).

• O pasado 1 de abril tivo lugar a sinatura de renovación do convenio entre Abanca e a Asociación de Empresarios de Chantada-Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra, para impulsar os proxectos comerciais da comarca chantadina.

Según explicaron os responsables de ambas entidades, o convenio ofrece diversos servizos axeitados ás necesidades dos pequenos empresarios. Por unha banda, o sistema Aplazos permite a financiación instantánea de produtos e servizos no punto de venta de Abanca. Ademais, a entidade ofrece préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións.

Asimesmo, en virtude deste convenio Abanca ofrece aos empresarios chantadinos información sobre financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Lugo, e outras liñas como ICO, Igape ou SGR.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia rexistrou 150.000 sinistros por seguros agrarios en 2015

Seguinte Nova

Estefanía Padullés inaugurou a súa exposición no Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss