As visitas ao Museo do Ferrocarril de Galicia medraron preto dun 50% nesta Semana Santa

•Os responsables do MUFERGA suliñaron que o Museo estase a consolidar como un dos atractivos turísticos máis importantes de Monforte, a pesar da escasa promoción que se fai deste recurso dende as institucións

As visitas ao Museo do Ferrocarril de Galicia, situado en Monforte, acollen público de todas as idades, con programas de actividades axeitados ás súas características. (Foto cedida).
As visitas ao Museo do Ferrocarril de Galicia, situado en Monforte, acollen público de todas as idades, con programas de actividades axeitados ás súas características. (Foto cedida).

• O balance da Semana Santa foi moi positivo para un dos grandes atractivos que ten Monforte, o Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA). Este recinto, único en España polas súas características, vén de incrementar preto dun 50% as visitas que organizan particulares e familias respecto ás mesmas datas do ano pasado. Según explicou o director do MUFERGA, Luis Blanco, este museo estase a consolidar como importante elemento de atracción turística para Monforte. Os 750 visitantes particulares rexistrados durante a Semana Santa de 2016, dos que 188 foron menores de idade, procedían fundamentalmente das catro provincias galegas, ademais de recibir turistas doutras 12 provincias españolas. Asimesmo, a cifra de visitantes tamén incluiu turistas procedentes de Suiza, Rumanía ou Portugal.

UN MUSEO PARA TODOS OS PÚBLICOS

O Museo do Ferrocarril de Galicia ofrece a oportunidade de realizar unha interesante viaxe pola historia do ferrocarril español, con pezas históricas tanto móbiles como arquitectónicas, únicas en todo o Estado. As visitas inclúen un percorrido polas instalacións, que pode realizarse a bordo dun mini-tren no caso de grupos organizados, e remata coa proxección dun audiovisual informativo. O Museo do Ferrocarril reserva un espazo moi especial para os máis cativos, xa que conta cun pequeno circuíto integrado por trens a escala, onde os nenos e nenas poden disfrutar convertíndose por un día en maquinistas ou xefes de estación.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Trece medallas para o club Neka no Campionato Provincial celebrado en Monforte

Seguinte Nova

Galicia rexistrou 150.000 sinistros por seguros agrarios en 2015

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: