Ata o 23 de abril para solicitar praza nos Campamentos de Verán da Xunta

• Ata o 23 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos Campamentos de Verán 2016, ofertados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e que están dirixidos a rapaces de entre 9 e 17 anos.

PROGRAMACIÓN DESTES CAMPAMENTOS EN GALICIA E NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

As actividades ofertadas en Galicia inclúen, entre outras opcións, Aventuras nas Mariñas, alta montaña, natureza ó carón do mar ou natureza no Camiño.

Por outra parte, aqueles adolescentes que estean interesados poden solicitar tamén programas noutras comunidades autónomas, como por exemplo, en Extremadura, en Castela e León ou en La Rioja.

Cómpre destacar que se reserva un número de prazas para mozos que teñan algunha discapacidade.

En Monforte, a inscrición farase na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas Casiñas da Compañía. En Chantada, a Casa da Xuventude ofrece información e formularios para inscribirse nestes Campamentos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

V Curso de Tecido Tradicional en Quiroga

Seguinte Nova

Convenio para ampliar as funcións dos GES na prevención de incendios forestais

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: