Axenda Cultural de Abril no sur de Lugo

• SERÁNS CULTURAIS 2016.

LÁNCARA: Venres 15 abril, 19,00 h., Polifuncional A Pobra. Isabel Risco: «Nabiza Girl» e «Unha Viaxe Espazial». Nabiza Girl é unha superheroína galega con superpoderes, adoptados polo duro traballo no campo. Nas súas aventuras, estará acompañada pola súa sobriña, que vén da cidade un pouco perdida, logo dunha viaxe un pouco «espazial».

CHANTADA: Sábado 16 abril, 20,00 h., Igrexa Nova. Dúo Brétema. Mijaíl Moriatov e Timur Saduikov interpretarán, con violín e viola, pezas clásicas e populares da música universal.

A POBRA DO BROLLÓN: Sábado 30 abril, 21,30 h., Feira de Vilachá. Milesios. O grupo da Terra Chá ofrecerá os seus temas de sempre, ademais de novas pezas do seu último disco, con melodías da tradición galega e irlandesa.

• CULTURA NO CAMIÑO 2016.

SOBER: Venres 15 abril, 17,30 h., Centro Sociocultural. A Xanela do Maxín porá en escea o espectáculo de teatro infantil «Titeremusicontos».

SOBER: Martes 20 abril, 12,30 h., CEIP Virxe do Carme. Caxoto Contacontos representará a obra de teatro infantil «400 anos despois (Cervantes & Shakespeare».

•LER CONTA MOITO.

QUIROGA: Sábado 23 abril, 19,00 h., Biblioteca Municipal. Luis Valdecillo desenvolverá a actividade «Cantamos un conto na Biblioteca?»•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto de 140 membros do CB Sarria asistirán ao vindeiro partido do Breogán

Seguinte Nova

CURSO EN SARRIA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS NO TEMPO LIBRE, E PRAZO PARA O EXAME DE COMPETENCIAS TIC

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss