CHANTADA ACOLLEU O XII TORNEO DE DOMINÓ E UNHA CONFERENCIA SOBRE A ONOMÁSTICA DA COMARCA

•O Círculo Recreativo de Chantada acolleu, un ano máis, o XII Torneo de Dominó Concello de Chantada, o sábado 9 de abril, cunha participación de preto dun cento de xogadores, procedentes de toda Galicia e mesmo de Asturias.

O torneo disputouse en sete rondas polo sistema suizo de clasificación, con partidas a 350 puntos ou a 55 minutos, competidas tanto en parellas como por equipos. O evento contou coa colaboración de varias firmas comercias da vila do Asma.

UNHA OLLADA AOS APELIDOS CHANTADINOS DO SÉCULO XVI AO XIX

Na mesma xornada do sábado día 9, a Irmandade Cultural País do Faro organizou a conferencia titulada «Con nome propio. Onomástica da comarca de Chantada nos séculos XVI-XIX», impartida pola historiadora Tamara González López.

Según explicaron dende a organización, este evento está integrado no ciclo sobre a historia de Chantada que a Irmandade Cultural País do Faro está a desenvolver ao longo dos últimos tres anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

DÍA DO LIBRO EN BÓVEDA

Seguinte Nova

COMO MELLORAR A AUTOESTIMA D@S NOS@S FILL@S, NO ÚLTIMO BOLETÍN DA UAD DE MONFORTE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss