Completado o obradoiro de emprego promovido polo Concello de Pantón en colaboración cos de Sober e O Saviñao

Os participantes no obradoiro de emprego “Caíño Tinto” de Pantón, Sober e O Saviñao, logo de recibir os seus diplomas o pasado 7 de abril. GPXG.
Os participantes no obradoiro de emprego “Caíño Tinto” de Pantón, Sober e O Saviñao, logo de recibir os seus diplomas o pasado 7 de abril. GPXG.

• A comezos deste mes rematou o obradoiro de emprego «Caíño Tinto», promovido polo Concello de Pantón en colaboración cos de Sober e O Saviñao. Neste proxecto, no que a Xunta de Galicia investiu máis de 130.000 euros, participaron un total de 15 mozos e mozas menores de 30 anos.

FORMACIÓN E EMPREGO DURANTE 6 MESES

Durante seis meses, no obradoiro «Caíño Tinto» impartíronse as especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e montaxe e instalación de construcións de madeira, con 6 e 9 alumnos traballadores, respectivamente.

MELLORAS EN ESPAZOS URBANOS E NATURAIS

Entre outros traballos, os participantes acondicionaron o acceso ao consistorio e á biblioteca de Pantón e o terreo municipal de Sampil, no Saviñao, ademais de colocar marquesiñas en estradas de Sober, instalar diverso mobiliario urbano e realizar distintas actuacións forestais nos tres concellos.

CINCO OBRADOIROS ESPECÍFICOS PARA XÓVENES NA PROVINCIA DE LUGO

Según lembrou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a entrega dos diplomas, este foi un dos cinco obradoiros especificamente destinado a menores de 30 anos que puxo en marcha a Xunta na provincia de Lugo, unha iniciativa novidosa na convocatoria do 2015 dentro deste tipo de programas.

A delegada territorial lembrou que no sur da provincia tamén se desenvolveu o obradoiro de emprego «Sillor II», promovido por Ribas de Sil xunto con Folgoso do Courel e Quiroga. As dúas actuacións suman un investimento de máis de 308.000 euros e beneficiaron a 35 persoas desempregadas

Arias lembrou asimesmo que, no conxunto da provincia, a Xunta puxo en marcha 15 obradoiros de emprego durante o pasado ano, realizando un investimento de 2,5 millóns de euros, que permitiu formar e dar traballo a 277 persoas de 41 concellos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ENCONTRO CO ESCRITOR GONZALO MOURE NO IES LAMA DAS QUENDAS O 26 DE ABRIL

Seguinte Nova

Novas prestacións para o comercio asociado en Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

A %d blogueros les gusta esto: