Convenio para ampliar as funcións dos GES na prevención de incendios forestais

• Dende o mes pasado, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) asumen máis competencias nas actuacións fronte a incendios forestais. Esta medida foi o resultado do encontro mantido en Compostela entre Xunta, FEGAMP e os alcaldes dos municipios galegos que contan con GES. A xuntanza serviu para avanzar no estipulado no convenio entre Xunta, FEGAMP e Deputacións en materia de prevención e defensa dos incendios forestais, dotado con 22,3 millóns de euros ata 2018, aportados conxuntamente. Deste xeito, amplíase o número de actuacións a realizar polos GES en materia de prevención contra incendios forestais, incluíndo a posibilidade de estudar as redes secundarias de faixas de biomasa, investigar a súa propiedade e valorar o estado da biomasa forestal, así como a eliminación e retirada de niños de vespa velutina.

Deste xeito, as funcións dos GES serían a atención as emerxencias con intervención en incendios forestais e urbanos. Farán prácticas preventivas, con rozas en terreos forestais ou de influencia forestal de titularidade dos concellos ou de propietarios descoñecidos, e de perímetros e parcelas abandonadas. Os GES intervirán en situación de risco ou emerxencia limpando estradas especialmente no caso de accidente ou riscos naturais. Por último, colaborarán coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 23 de abril para solicitar praza nos Campamentos de Verán da Xunta

Seguinte Nova

CALENDARIO DO RUNNING LUCENSE

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss