DÍA DO LIBRO EN SAN CLODIO

• O domingo 17 de abril, a partir das 13,00 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal de Ribas de Sil o espectáculo «Outro mundo por descubrir: as viaxes de Irene», a cargo de María Paz Gutiérrez, dentro do ciclo Solidaridade Internacional de Galicia.

VIAXE POLO MUNDO, PARA COÑECER OUTRAS PAISAXES E OUTRAS CULTURAS

Neste contacontos, dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos, os participantes achegaranse, da man de Irene e cos cinco sentidos, á cultura doutros países, países que teñen paisaxes, fauna, flora diferente á nosa, no que hai mulleres e homes que falan linguas e viven de forma distinta á nosa, e están desexando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.

PROGRAMA LER CONTA MOITO

A actividade forma parte do programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta dixitaliza as aulas de 14 centros educativos do sur de Lugo

Seguinte Nova

Sober acolle o venres 15 de abril un documental en torno á Memoria Histórica

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: