Galicia rexistrou 150.000 sinistros por seguros agrarios en 2015

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na reunión co director territorial de Agroseguro no Noroeste, Ramón Martín, para avaliar estes datos. CMR.
A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, na reunión co director territorial de Agroseguro no Noroeste, Ramón Martín, para avaliar estes datos. CMR.

• Ao longo de 2015 declaráronse en Galicia un total de 156.607 sinistros relacionados cos seguros agrarios, polos que se pagaron indemnizacións por valor de máis de 21 millóns de euros. Según explicaron dende a Consellería do Medio Rural, este departamento achegou 4.750.000 euros para financiar estas coberturas, cantidade idéntica á destinada no 2016.

Estes datos foron analizados nunha xuntanza de traballo mantida a finais do mes pasado entre a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e Ramón Martín, director territorial para o Noroeste de Agroseguro, a entidade encargada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para xestionar as liñas de seguros agrarios.

TIPOS DE DANOS CUBERTOS POLOS SEGUROS

Según explicaron dende Medio Rural, estas pólizas agrarias dan cobertura aos danos rexistrados nos diferentes cultivos, nas explotacións e pola retirada e destrución de cadáveres de gando. En relación con este último aspecto, nesta reunión avaliouse a posibilidade, comprometida pola directora xeral, de estudar o incremento da porcentaxe de axuda que aporta a Consellería para o sector cunícola, dado o incremento do custo que se deu nestes últimos anos, por riba da medida do resto de sectores.

As principais liñas de seguros agrarios en Galicia, por número de pólizas, corresponden precisamente á retirada e destrución de cadáveres, seguidas das que dan cobertura ás explotacións, sobre todo de gando vacún, e por último as referidas aos cultivos.

Nesta xuntanza de traballo avaliouse tamén a colaboración entre a Consellería e Agroseguro, de cara a celebración, na primeira quincena de maio en Galicia, dun encontro sobre a nova campaña de seguros agrarios.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As visitas ao Museo do Ferrocarril de Galicia medraron preto dun 50% nesta Semana Santa

Seguinte Nova

Abanca e a Asociación de Empresarios de Chantada-CCA renovan o convenio de impulso a proxectos comerciais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: