Máis de 300 prazas gratuítas para maiores nos 27 novos cursos do InLugo

Presentación dos cursos do InLugo para o segundo trimestre, nunha das aulas do Centro de Innovación Tecnolóxica InLugo, na que participou o patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos. GPDL.
Presentación dos cursos do InLugo para o segundo trimestre, nunha das aulas do Centro de Innovación Tecnolóxica InLugo, na que participou o patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos. GPDL.

• A comezos deste mes, o patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, deu a coñecer os 27 cursos e obradoiros que integran a programación do InLugo, que ten como obxectivo achegar aos nosos maiores ao mundo das novas tecnoloxías. Este programa ofrece 311 prazas gratuítas para lucenses de máis de 55 anos. O Centro de Innovación Tecnolóxica InLugo está xestionado pola Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación de Lugo.

Según explicou Santos, a programación está deseñada en base ás peticións dos propios usuarios, para achegar aos maiores as vantaxes das novas tecnoloxías, «desde o manexo básico do ordenador, smartphone ou tablet, ata o uso das videoconsolas Wii e Xbox para estimular as capacidades cognitivas e funcionais, pasando por aprender a navegar por Internet e empregar app tan populares como Whatsapp, que lles permiten estar en contacto con amigos e familiares».

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Aínda que a programación se puxo en marcha o día 5 de abril, segue aberto o prazo para moitos dos cursos do InLugo. As inscricións poden realizarse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Feira do Viño de Vilachá cumple 25 anos

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte pide «a colaboración de todos» para reiniciar os traballos do Plan Especial do Casco Histórico

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: