Máis dun milleiro de persoas participaron na VIII Carreira Popular Concello de Monforte

•Alta participación nas categorías menores, que supuxeron preto da metade do total das inscricións

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•O domingo 3 de abril tivo lugar a VIII Carreira Popular Concello de Monforte, que este ano volveu superar o milleiro de participantes, cun total de 1.067 inscritos. Nesta edición, cómpre destacar a elevada participación rexistrada nas categorías menores, que acadou un total de 533 corredores, a metade do total de participantes na proba.

O alcalde, José Tomé, lembrou na presentación deste evento o «gran esforzo» realizado polo Concello de Monforte para que este evento deportivo se converta nun referente dentro do atletismo galego de carácter popular».

Na categoría absoluta, os gañadores foron Alejandro Fernández Rivera, David Santos Domínguez, e Hassan Lekhili. En categoría feminina, o podium gañador estivo integrado por Ana Belén González Margaride, Sonia Vázquez López e Carme Pilar López Rodríguez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas acolleu o Torneo de Golf Semana Santa

Seguinte Nova

O Goberno da Deputación garante actuacións por 750.000 euros en 7 concellos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: