Medra nun 13% o número de produtores certificados de agricultura ecolóxica en Galicia

•O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica presentou en Monforte o seu balance anual

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O pasado 11 de abril, presentouse en Monforte o balance anual do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (CRAEGA), que rexistrou un aumento do 13% no número de produtores inscritos, que xa suman 721 en toda Galicia. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, suliñou que do total de inscritos, 558 son produtores agrarios e 163 elaboradores e comercializadores.

Tamén a superficie dedicada á agricultura ecolóxica medrou en 5.073,4 hectáreas, pasando de 15.233 no 2014 a 20.306,36 en 2015, o que supón un aumento do 33,3%. A provincia máis destacada é Lugo, con 9.652,42 hectáreas e un crecemento do 36,1%, seguida de Ourense, con 8.091,51 hectáreas e un incremento do 34,5%. Respecto ao tipo de produción, Pontevedra destaca en acuicultura, mentres Lugo ocupa o primeiro lugar en produción vexetal e animal, con 121 operadores e 146 explotacións, respectivamente. En volume de negocio, destaca o leite, que superou os 9,9 millóns de euros en 2015.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno da Deputación garante actuacións por 750.000 euros en 7 concellos

Seguinte Nova

Os obradoiros do programa Cultura Viva estarán adicados a Manuel María

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: