Novas prestacións para o comercio asociado en Sarria

•Grazas ao convenio asinado entre ACES e o grupo MGO By Westfield, os comerciantes terán vantaxes para contratar servizos como a prevención de riscos

O presidente de ACES-Sarria, Ricardo Arias, e a directora do Centro de Prevención de Lugo de MGO, MªLuz Pérez, asinaron o convenio o 7 de abril. (Foto cedida).
O presidente de ACES-Sarria, Ricardo Arias, e a directora do Centro de Prevención de Lugo de MGO, MªLuz Pérez, asinaron o convenio o 7 de abril. (Foto cedida).

• O 7 de abril, o presidente da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES), Ricardo Arias Alvaredo, e a directora do Centro de Prevención de Lugo da empresa MGO By Westfield, Mª Luz Pérez Grandas, asinaron un convenio de colaboración. Este acordo permitirá aos membros de ACES beneficiarse de vantaxes económicas na contratación de diversos servizos, así como na súa prestación.

Según informaron dende os responsables de ACES, a empresa MGO lidera un grupo consultor especializado na seguridade e saúde laborais, así como en seguridade da construcción, industria e minería. Ademais, ofrece servizos de formación e actividades sanitarias.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Completado o obradoiro de emprego promovido polo Concello de Pantón en colaboración cos de Sober e O Saviñao

Seguinte Nova

A Sarria Fashion Night-Noite Aberta durará este ano dous días

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: