O PP de Monforte demanda mellorar o asfaltado de camiños urbanos

•As queixas centráronse no Camiño Real a Seoane, e as rúas Santa Clara, Cobas e Juan Montes

Na imaxe, o camiño que vai do cruce das rúas Santa Clara e Corredoira á pasarela do Malecón, un vial con moito tránsito de peóns. (Foto cedida).
Na imaxe, o camiño que vai do cruce das rúas Santa Clara e Corredoira á pasarela do Malecón, un vial con moito tránsito de peóns. (Foto cedida).

• No Pleno municipal de marzo, o Partido Popular de Monforte presentou unha moción instando ao Goberno local a mellorar o asfaltado dos viais urbanos en mal estado. Os populares pediron que, unha vez detectadas as incidencias, o Concello elabore un plan de actuacións para arranxar estes camiños, moitos deles cun abundante tráfico de peóns.

QUEIXAS DOS VECIÑOS

A voceira do grupo municipal do PP, Julia Rodríguez, baseou a moción «nas queixas de veciños e usuarios de numerosas rúas de Monforte», en especial de Santa Clara, Cobas e Juan Montes, así como do Camiño Real a Seoane. Neste caso, o vial dá acceso ao colexio Infanta Elena e á Unidade de Acción Formativa da Xunta.

RÚA SANTA CLARA

Na rúa Santa Clara denunciaron varios puntos de deterioro. Por unha banda, os populares pediron corrixir o desnivel que hai na unión dos dous tipos de pavimento, preto das Clarisas. Por outra, reclamaron o arranxo do vial cara á pasarela do Malecón, polo que transitan gran cantidade de peóns hacia o Hospital Comarcal, o Conservatorio ou o Colexio Novo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Creatividade e tradición no obradoiro de cesteiría no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Xosé Lois García achegou aos máis cativos de Sober a figura de Manuel María

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: