Os obradoiros do programa Cultura Viva estarán adicados a Manuel María

O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do programa Cultura Viva, acompañado de Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e responsable de Palimoco Teatro, e algúns compoñentes desta formación. GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentou a terceira edición do programa Cultura Viva, acompañado de Paloma Lugilde, coordinadora do proxecto e responsable de Palimoco Teatro, e algúns compoñentes desta formación. GPVDL.

• A terceira edición do programa Lingua Viva, organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, estará adicado ao poeta chairego Manuel María, con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas. Na presentación deste programa de obradoiros de teatro e danza, o delegado provincial de Cultura, Xosé Ferreiro, explicou que «queremos contribuír neste Ano Manuel María ao coñecemento e difusión das diferentes facetas que desenvolveu o escritor chairego, quen é coñecido pola súa dimensión de poeta, mais que tamén explorou outras facetas como a dramaturxia».

Ferreiro precisou que o Lingua Viva incluirá obradoiros de teatro e danza para todas as idades, para nenas e nenos desde os 8 anos e para público adulto de todas as idades. O calendario de sesións comezará o 25 de abril, e durará todo o mes de maio ata o día 17. Asimesmo, Ferreiro precisou que haberá un grupo de traballo específico co grupo de teatro amador Down Lugo.

A representación da peza final que xurda dos obradoiros de Lingua Viva terá lugar o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das 21 horas en diferentes puntos do casco antigo de Lugo. Desde a Área de Cultura non descartan que esta peza final poida moverse a outros puntos da provincia de Lugo, dado o éxito de pasadas edicións.

O prazo de inscrición rematará o xoves 21 de abril, incluído. A inscrición realizarase na web www.v1deputacionlugo.gal, no teléfono 982260180 ou no e-mail ana.culturaedeporte@deputacionlugo.org.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medra nun 13% o número de produtores certificados de agricultura ecolóxica en Galicia

Seguinte Nova

Trece medallas para o club Neka no Campionato Provincial celebrado en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: