Reunión de traballo do GDR Ribeira Sacra en Bóveda

•Anunciaron a reagrupación dos GDR lucenses, e a constitución dun novo grupo no sur lucense con 13 concellos

Reunión no Concello de Bóveda dos representantes dos 13 concellos que integrarán o novo Grupo de Desenvolvemento Rural no sur de Lugo. (Foto cedida)..
Reunión no Concello de Bóveda dos representantes dos 13 concellos que integrarán o novo Grupo de Desenvolvemento Rural no sur de Lugo. (Foto cedida)..

• O pasado 8 de abril, o Concello de Bóveda acolleu unha reunión de traballo do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra, para tratar da nova redefinición destas entidades que anunciou AGADER para a xestión do novo programa Leader 2014-2020.

NOVO GRUPO

Esta redistribución contempla a reducción dos 31 GDR actuais que hai en Galicia a 24. Na nosa provincia, o mapa de GDR reducirase de oito a seis. Deste xeito, os oito concellos que integraban o GDR Ribeira Sacra pasarán a formar novo grupo xunto cos municipios de Folgoso do Courel, O Incio, As Nogais, Samos e Triacastela, polo que os seus alcaldes e representantes tomaron parte na reunión de Bóveda.

Na xuntanza, acordouse iniciar os trámites para a constitución deste novo GDR cos 13 concellos que integran o territorio sinalado por AGADER, e ir traballando na elaboración da candidatura para a xestión do Leader 2014-2020.

CHARLAS INFORMATIVAS

Con este fin, decidiuse organizar unha serie de charlas informativas polos 13 concellos, informando á cidadanía e axentes sociais desta situación, e pedindo que colaboren na elaboración da estratexia do novo GDR.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completada a renovación do 70% do alumeado público en Sober

Seguinte Nova

A Xunta realizará melloras na LU-652 ao seu paso por Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss