Rosa Cedrón actuará o venres 15 de abril no ciclo da Filarmónica de Monforte

• O venres 15 de abril, a Sociedade Filarmónica de Monforte organiza unha nova audición, dentro do seu calendario anual de eventos. Nesta ocasión, a protagonista será a intérprete monfortina Rosa Cedrón, acompañada por Miguel Arthus e Javier Cedrón. O concerto terá lugar a partir das 20,15 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte.

REPERTORIO

O programa que interpretarán Rosa Cedrón, Miguel Arthus e Javier Cedrón integra unha ampla variedade de estilos. A música tradicional, por unha banda, estará presente en «Romeiro ao Lonxe», a peza que abrirá o concerto, «Macedonia» ou «Camariñas». O repertorio da noite do 15 de abril inclúe tamén a letra de grandes poetas, como Federico García Lorca, no tema «Chove en Santiago», e creacións máis actuais, como «Unha e outra vez», de Cindy Lauper e Robert Andrew.

CEDRÓN PUBLICA O SEU SEGUNDO DISCO EN SOLITARIO

Logo dunha exitosa traxectoria con Luar na Lubre, Rosa Cedrón continúa a súa carreira en solitario, coa recente publicación do seu segundo disco, «Nada que perder».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Conferencia sobre a onomástica chantadina o sábado 9 de abril no Telecentro de Chantada

Seguinte Nova

V Curso de Tecido Tradicional en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss