Sober acolle o venres 15 de abril un documental en torno á Memoria Histórica

• A Asociación Cultural O Colado do Vento organiza o venres 15 de abril a proxección do documental «A volta dos nove», a partir das 19,30 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Sober.

MEMORIA DUN ASASINATO EN 1936

O documental «A volta dos nove» está dirixido por Antonio Caeiro, e impulsado polo Instituto de Estudos Miñoranos. Esta peza audiovisual narra un dos episodios máis sanguentos da represión do «Novo Estado» franquista en Galicia, no que nove mariñeiros sacados do cárcere de Vigo e asasinados entre Baiona e Baredo o 15 de outubro de 1936.

Aquel episodio permaneceu conservado na memoria colectiva destes lugares, de tal xeito que ata primeiros dos anos 70 aparecían alí 9 cruces gravadas nos puntos en que se descubriron os corpos dos asasinados. O documental recupera aquel suceso co fin de salvagardar a súa memoria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

DÍA DO LIBRO EN SAN CLODIO

Seguinte Nova

MARÍA DO CEO ACTUARÁ EN SOBER O SÁBADO 16 DE ABRIL

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: